A regulación profesional dos enxeñeiros técnicos e enxeñeiros en informática é unha antiga reivindicación da profesión, que é, xunto coa enxeñaría química a única enxeñaría que non se atopa regulada en España.
Con todo, nos últimos anos, e tras importantes mobilizacións dos profesionais e os estudantes, lográronse avances que levaron á creación de colexios profesionais na maior parte das comunidades autónomas, así como á creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñeiros en Informática.
Na actualidade, en Galicia atópanse constituídos os colexios profesionais que representan aos enxeñeiros/as técnicos e enxeñeiros/as en informática:
- Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)
- Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG)