Selo Internacional de Calidade EUROINF de Informática
O Selo EUROINF de Informática é un certificado concedido pola axencia autorizada por European Quality Assurance Network for Informatics Education (EQANIE) que avala cun programa formativo de Enxeñaría de nivel de Grao ou Mestrado cumpre cos estándares internacionais, establecidos por persoas académicas e profesionais que colaboran coa dita agencia.
O sistema Euro-Inf está recoñecido internacionalmente e facilita a mobilidade tanto académica como profesional.
Dende o punto de vista do alumnado, supón importantes beneficios:
- Garantía de que o programa cumpre con altos estándares internacionais.
- Acceso máis fácil aos programas Master Euro-Inf
- Selo de calidade adicional recoñecido polos empresarios en toda Europa
- Recoñecemento internacional de títulos que cumpren cos estándares profesionais.
Destacan tamén os beneficios para os empleadores:
- Os coñecementos e competencias dos solicitantes cumpren cos estándares internacionais.
- Información confiable sobre a calidade do programa de estudos sen coñecer os seus detalles.
- Non só se verifican os estándares académicos senón tamén a relevancia para a profesión.
O noso título de Grao en Enxeñería Informática obtivo o Selo Internacional de Calidade EUROINF en xuño de 2019 (ver Informe Final).
Tamén o noso Máster Universitario en Enxeñaría Informática obtivo este importante recoñecemento outorgándoselle o Selo Internacional de Calidade EUROINF en maio de 2023 (ver Informe Final).