Este martes, 10 de decembro, poñemos en marcha o proxecto DojoESEI, co obxectivo de servir de espazo para a profundización en tecnoloxías, temáticas e ferramentas que completen a formación técnica dos nosos estudantes.
Como peza fundamental do proxecto, este apóiase en fomentar a colaboración coas empresas TIC, de forma que representantes das empresas impartirán charlas, talleres ou cursos sobre ferramentas, tecnoloxías ou metodoloxías que empregan nas súas organizacións. Tamén se incluirán no mesmo actividades do profesorado da ESEI ou outras organizacións, e todas estas actividades poderán ser empregadas como complementos ás materias propias das titulaciones do centro.
Certificarase a asistencia e participación significativa a todas as actividades de DojoESEI por parte da Dirección da ESEI.
Para asistir será necesaria a inscripción previa, e emitirase certificado de asistencia (ao finalizar o cuatrimestre).