Acceso vía 30 créditos

É posible acceder a calquera titulación de grao sempre que se cumpra o seguinte requisito:

  • Que se recoñezan, alomenos, 30 créditos no estudo de grao no que se solicita a admisión

Prazas: 5

Orde de adxudicación (para todos os que cumpran os requisitos de admisión):

  • Nota media do expediente académico, calculada segundo o protocolo do Sistema Universitario Galego de acordo co sistema establecido no RD 1125/2003
  • Maior número de créditos recoñecidos

Relación de estudantes admitidos para o acceso ao grao por recoñecemento de créditos curso 2022-23

Adaptación ao Grao dende titulacións LRU

Se estás a estudar ou estudaches na ESEI as titulacións de Enxeñaría Técnica en Informática de Xestión, ou Enxeñaría en Informática (segundo ciclo) e estás interesado en adaptar os teus estudos ao Grao en Enxeñaría Informática, é importante que consultes as seguintes táboas de recoñecemento de créditos, para que coñezas as equivalencias entre as materias da túa titulación de orixe e a do Grao:

  • Recoñecemento de créditos para a E.T. en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo (pdf)
  • Recoñecemento de créditos para a Enxeñaría en Informática pola Universidade de Vigo (pdf)

Se pertences a planos antigos da E.T. en Informática de Xestión, estas son as táboas que debes consultar:

  • Recoñecemento de créditos para a E.T. en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, Plan 10 (pdf)
  • Recoñecemento de créditos para a E.T. en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, Plan 11 (pdf)

Teño experiencia profesional. ¿Recoñeceránseme créditos por ela?

Sí, poderanse recoñecer ata 12 ECTS por experiencia profesional. A Comisión de Recoñecemento de Créditos e Adaptacións da ESEI será a responsable de fixar os criterios de recoñecemento da experiencia profesional, atendendo á seguinte táboa:

EXPERIENCIA PROFESIONAL RECOÑECEMENTO
300 – 599 horas Prácticas en Empresa I (6 ECTS)
600 horas ou máis Prácticas en Empresa II (12 ECTS)

Recoñecemento de créditos por outras actividades

Segundo o establecido pola normativa da Universidade de Vigo, os estudantes poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, até un máximo de 6 créditos do total do plan de estudos. Estes créditos se detraerán do cómputo de créditos optativos a cursar polo alumno (máis info).

Recoñecemento para titulacións en formación profesional de grao superior

O catálogo de créditos e materias recoñecidas nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior está disponible para a súa consulta na correspondente páxina da Xunta – Validacións ciclos superiores de FP e estudos universitarios

Recoñecementos concedidos ao Grao en Enxeñaría Informática*

* A información ten carácter orientativo. O recoñecemento de créditos é competencia da comisión correspondente.