Prazas ofertadas : 125
Tempo Completo |
Tempo Parcial |
|||
---|---|---|---|---|
ECTS matrícula mínima |
ECTS matrícula máxima |
ECTS matrícula mínima |
ECTS matrícula máxima |
|
1º curso | 60 | 60 | 24 | 47 |
Resto Cursos | 48 | 60 | 6 | 47 |
Considérase un perfil de ingreso no referido a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato ou ciclo formativo de formación profesional. En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas, etc.) e académicas desexables que se consideran máis axeitadas para iniciar os estudos de Grao en Enxeñería Informática son as seguintes:
- Coñecementos básicos de informática.
- Boa base matemática, aptitude numérica.
- Capacidade de abstración, análise, síntese, razoamento lóxico.
- Curiosidade, imaxinación, creatividade, innovación.
- Capacidade de percepción e atención.
- Sentido da organización e o método.
- Atención ao detalle.
- Sentido práctico e visión espacial.
- Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
Os procesos de selección, admisión e matriculación de estudantes na titulación de Graduado/a en Enxeñaría Informática están definidos nos procedementos establecidos pola Xunta de Galicia e son comúns a todo o Sistema Universitario de Galicia.
Non existen criterios de acceso distintos dos derivados da limitación de prazas de novo ingreso e os establecidos pola lexislación vixente para os estudos de grao.
- Dende Bacharelato LOGSE: Científico-Tecnolóxica, Ciencias da Saúde, Humanidades, Ciencias Sociais e Artes.
- Dende COU: Ramas Científico-Tecnolóxica, Biosanitaria, Ciencias Sociais e Humanidades.
- Dende Ciclos Formativos de Grao Superior: Administración de sistemas informáticos (LOXSE), Administración de sistemas informáticos en rede, Administración e finanzas, Animacións 3D, xogos e contornos interactivos, Asistencia á dirección, Automatización e robótica industrial, Automoción, Comercio Internacional (LOXSE), Desenvolvemento de aplicación multiplataforma, Desenvolvemento de aplicacións informáticas (LOXSE), Desenvolvemento de aplicacións web, Desenvolvemento de produtos electrónicos (LOXSE), Desenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutención (LOXSE), Desenvolvemento de proxectos mecánicos (LOXSE), Industria alimentaria (LOXSE), Instalacións electrotécnicas (LOXSE), Mantemento aeromecánico, Mantemento de aviónica (LOXSE), Mantemento de equipo industrial (LOXSE), Mantemento de montaxe de instalacións de edificios (LOXSE), Mantemento electrónico, Prevención de riscos profesionais, Produción por fundición e pulvimetalurxia (LOXSE), Produción por mecanizado (LOXSE), Secretariado (LOXSE), Servizos ao consumidor (LOXSE), Sistemas de regulación e control automáticos (LOXSE), Sistemas de telecomunicación e informáticos, Sistemas electrotécnicos e automatizados, Xestión comercial e marketing (LOXSE), Xestión do transporte (LOXSE).
O acceso dos maiores de 25 anos regúlase segundo o Real Decreto 743/2003, de 20 de Xuño. Ademais, a lexislación vixente regula o acceso de diferentes colectivos como titulados, discapacitados, estranxeiros, etc.
Ao comezar cada novo curso académico organízase unha xornada de recepción para os novos estudantes. Nesta xornada ofréceselles toda a información que precisan para o comezo da súa vida universitaria:
- Estrutura organizativa da Escola e a Universidade.
- Estrutura dos estudos.
- Prazos e normativas importantes (modificacións de matrícula, cambios de quenda, etc.).
- Servizos e infraestructuras do Centro: aulas, laboratorios, acceso a Internet, correo electrónico, etc.
- Un/a representante de alumnos/as explica que é e para que serve a Delegación de Alumnos.
- A directora da Biblioteca, ou persoa en quen delegue, explica o uso da mesma: organización dos fondos, accesibilidad, sistemas de procura, sistemas de peticións de títulos, etc.
- Intervencións de responsables doutros servizos da Universidade (como o gabinete psicopedagóxico ou o servizo de deportes, entre outros).
Entre os servizos que se ofrece aos estudantes dende a súa incorporación ao Centro pódense citar os seguintes:
- Correo electrónico: Todos os estudantes teñen asignada unha dirección de correo electrónico do Centro. Dende a Dirección, as Subdireccións e os servizos administrativos do Centro envíase continuamente información sobre noticias, prazos, becas, etc.
- Actividades paralelas de apoio: Prográmanse este tipo de actividades, que complementan a actividade habitual de ensino-aprendizaxe, co obxectivo de subsanar deficiencias puntuais ou do perfil de ingreso. Estas actividades poden ser talleres sobre tecnoloxías ou procesos específicos, ciclos de proxeccións ou conferencias, talleres de lectura, etc.
- Mobilidade: Co fin de promover e facilitar a mobilidade de estudantes organízanse charlas informativas por parte da Oficina de Relacións Internacionais. Así mesmo, existe a figura de Coordinador/a de Relacións Internacionais, que se encarga de coordinar programas como Erasmus e SICUE. Entre as súas funcións, ten a de asesorar e orientar aos estudantes nos seus programas respectivos, tanto aos propios como aos alleos.
- Representación dos estudantes: a Delegación de Alumnos, aparte dos protocolos establecidos polo Sistema de Garantía de Calidade do Centro para a canalización de suxestións e reclamacións, serve de enlace entre os estudantes de xeito individual ou colectivo e o equipo directivo da titulación. A Escola pon á súa disposición os medios necesarios (un local, teléfono e equipamiento informático) así como unha partida orzamentaria para que poidan cumprir a súa tarefa de representación, e outras como facilitar a realización de propostas e iniciativas do alumnado.
- Gabinete Psicopedagóxico: a Universidade de Vigo conta co seu propio Gabinete Psicopedagóxico a disposición dos estudantes para orientalos e asistilos tanto en cuestións académicas como noutras de índole persoal. Por outra banda, a Universidade ten en marcha un programa de apoio á integración do alumnado con necesidades especiais (PIUNE) para facilitar a súa vida académica e garantir o seu dereito ao estudo.
- Plan de Acción Titorial: dende fai uns anos a Escola dispón deste plan destinado principalmente (aínda que non de forma exclusiva) a estudantes de nova matrícula, cuxos obxectivos principais son:
- Informar e orientar ao novo alumnado sobre a estruturación e o funcionamento da Escola, para lograr así unha mellor e máis rápida integración do novo alumno no contexto universitario.
- Facilitar o proceso de adaptación do ensino secundario, dos ciclos formativos, ou doutras vías de acceso á universidade.
- Contribuír á integración do estudante no Campus Universitario e na cidade de Ourense.
- Informar ao estudante sobre cuestións académicas e/ou profesionais.
- Fomentar a participación do alumnado nos distintos ámbitos da vida universitaria.
- Analizar o desenvolvemento do alumnado tanto no plano académico como no persoal.
- Valorar a necesidade do apoio titorial como instrumento de coñecemento e reflexión no proceso de formación universitario.
- Axudar ao alumnado, na medida do posible, naqueles problemas ou situacións que lles provoquen inquietude e ansiedade.