Enxeñaría de datos / Data engineering

Código:
Acrónimo: DE
Nome: Enxeñaría de datos / Data engineering
Centro: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Máster Universitario en Intelixencia Artificial
Curso: 1º Curso
Período: Primeiro cuadrimestre
Tipo: Obrigatoria
Créditos: 3
Resultados de aprendizaxe:

– Coñecer os principios fundamentais e técnicas básicas da intelixencia artificial.
– Distinguir cando é máis apropiada a aplicación de técnicas da intelixencia artificial para a resolución dun problema
– Saber usar e aplicar ferramentas e técnicas básicas da intelixencia artificial.
– Adquirir os principios básicos de funcionamento das principais técnicas de razoamento automático e dos métodos de planificación.
– Coñecer e comprender que a resolución de certos problemas en Intelixencia Artificial implica definir unha representación do problema e un proceso de procura da solución.
– Identificar se un determinado problema é susceptible de ser resolto mediante técnicas de procura e decidir, en base a criterios fundamentados, a técnica máis apropiada para resolvelo.
– Desenvolver a capacidade de analizar e modelar datos para o seu procesado en sistemas intelixentes.
– Coñecer e comprender o proceso de extracción, limpeza, transformación, carga e preprocesado de datos.
– Coñecer e saber utilizar bases de datos multidimensionales e de tipo NoSQL.
– Coñecer os fundamentos de data lakes e data warehouses.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet