Acabo de chegar á Universidade de Vigo

Servizos informáticos

Acabo de chegar á ESEI

Para acceder a algunhas das instalacións da Universidade no Campus de Ourense, como o aparcadoiro do Edificio Politécnico ou o aparcadoiro exterior, ou para acceder fóra do horario establecido de apertura do Edificio Politécnico, é necesario utilizar a Tarxeta Universitaria.

A Dirección da ESEI é a responsable de organizar os espazos.

É obrigatorio cubrir as titorías na Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.

Ademais, é obrigatorio cubrir o formulario en liña sobre información do profesorado, dispoñible na sección de formularios xerais da ESEI.

A información proporcionada publicarase na páxina persoal do profesorado na Web da ESEI, e no cartel do despacho.

Na sección de formularios xerais está dispoñible un formulario para a solicitude de recursos e servizos de apoio necesarios para a docencia.

A ESEI conta con varias impresoras/fotocopiadoras nas súas instalacións para uso docente. Para utilizar este servizo é necesario un código persoal. Para obter este código contactar co responsable de infraestructuras da ESEI.

Para acceder aos equipos dos laboratorios ou das aulas de teoría é necesario dispoñer dunha conta de correo da ESEI (conta proporcionada por Google Apps no dominio @esei.uvigo.es).

Para obter unha conta de correo da ESEI débese acudir ou contactar co servizo de Infraestructura.

A conta de correo de ESEI serve para recibir notificacións da actividade do Centro (convocatoria de reunións, aviso de eventos, …) e para identificarse e acceder aos diferentes equipos informáticos.

É un servizo de videoconferencia masiva que podes empregar para a docencia non presencial: https://campusremotouvigo.gal/

Se tes dúbidas podes escribir a tv@uvigo.es ou chamar ao 986 130 013