O venres, 18 de setembro terán lugar, no Salón Marie Curie do Edificio Politécnico, unhas xornadas de acollida para alumnado de grao, dobre grao e máster, do curso 2020/2021.
Para cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias, estableceranse dúas quendas:
- 10:30 horas: alumnado coa inicial do primeiro apelido dende A-L
- 12:30 horas: alumnado coa inicial do primeiro apelido dende M-Z
O programa de cada unha das sesións é o seguinte:
- Benvida e Presentación do Equipo Directivo.
- Presentación do Grao e do Máster en Enxeñaría Informática.
- Presentación do PAT (Plan de Acción Titorial).
- Presentación dos Programas de Mobilidade.
- Presentación das Prácticas en Empresas.
- Presentación ESEIDA.