Os procedementos de transferencia e recoñecemento de créditos articularanse conforme ao establecido no RD 1393/2010, modificado por el Real Decreto 861/2010, e a Normativa de Transferencia e Recoñecemento de Créditos para Titulacións Adaptadas ao EEES da Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno o 23 de xullo de 2008 (ver máis).
Segundo o establecido na normativa en vigor, o recoñecemento de créditos no máster deberá respectar as seguintes regras:
- Serán competencias recoñecibles por materias, módulos e complementos formativos do programa dos estudos de máster, calquera estudo universitario, perfil académico ou profesional coincidentes coas competencias e coñecementos que se impartan no máster así determinado mediante a correspondente resolución reitoral, de conformidade cos órganos académicos destes estudos.
- Os módulos, materias e complementos de formación recoñecidos por resolución reitoral consideraranse superados para todos os efectos e figurarán no expediente do alumnado.
- Só se poderán recoñecer estudos correspondentes aos segundos ciclos de ensinos conducentes a titulacións de Licenciado, Enxeñeiro e Arquitecto.
- O número de créditos que poderá ser recoñecido a partir da experiencia profesional ou laboral e de estudios universitarios non oficiales, non superará o 15 por cento do total dos créditos que constitúan o plan de estudios (incluindo o Traballo Fin de Máster), coas excepcións que se establecen no Real Decreto 1393/2007. O recoñecemento non incorporará cualificación polo que non computará a efectos de baremo do expediente.
- En ningún caso serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondientes ao Traballo Fin de Máster.
A proposta da comisión académica do título, a Xunta de Centro será a responsable de aprobar e publicar a táboa de adaptación e recoñecemento de créditos dos estudos impartidas na ESEI (Enxeñaría en Informática, Máster en Sistemas Software Intelixentes e Adaptables e Máster en Consultoría de Software Libre) ao novo plan. En calquera caso, a comisión académica do título decidirá de maneira personalizada que materias deben cursar en cada caso os estudantes en caso de conflito.
As prácticas profesionais poderán ser recoñecidas por experiencia profesional do/a estudante sempre que se acredite un periodo mínimo de 225 horas. A comisión académica será a encargada de avaliar si a experiencia profesional é recoñecible pola asignatura en función das actividades desenvolvidas durante a mesma.
Do mesmo xeito, as prácticas profesionais poderán ser recoñecidas por prácticas extracurriculares, a condición de que o programa formativo destas últimas se axuste ás competencias da materia e o número de horas destas sexa superior a 225. A comisión académica avaliará a adecuación aos criterios das peticións de adaptación.