A formación do título de Grao en Enxeñaría Informática permite ao egresado adquirir, en distintos niveis de profundización, as seguintes capacidades, competencias e destrezas xerais:
De acordo co establecido no Libro Branco e o acordo do plenario da Conferencia de Directores e Decanos de Informática CODDI (Zaragoza, setembro de 2007), o título de Graduado en Enxeñaría Informática ten como obxectivo fundamental a formación científica, tecnolóxica e socioeconómica, e a preparación para o exercicio profesional no desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) no ámbito da Informática.
Ademais, tal como se indica no artigo 3.5 do RD 1393/2007, entre os principios xerais que inspiraron o deseño do título, tívose en conta que calquera actividade profesional debe realizarse:
- Dende o respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, debendo incluírse, nos plans de estudos en que proceda, ensinos relacionados cos devanditos dereitos.
- Dende o respecto e promoción dos Dereitos Humanos e os principios de accesibilidade universal e deseño para todos, de conformidade co disposto na disposición final décima da Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, debendo incluírse, nos plans de estudos en que proceda, ensinos relacionados cos devanditos dereitos e principios.
- De acordo cos valores propios dunha cultura de paz e de valores democráticos, e debendo incluírse, nos plans de estudos en que proceda, ensinos relacionados cos devanditos valores. Estes principios vense especialmente reflectidos á hora de definir as competencias do título.
O marco académico aprobado polo Consello de Universidades relativo á ordenación dos ensinos universitarios oficiais vinculados ao exercicio da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática estableceu que a formación do título de Graduado/a en Enxeñaría Informática permite ao egresado/a adquirir, en distintos niveis de profundización, as seguintes capacidades, competencias e destrezas xerais:
- Concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos, a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
- Dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática.
- Deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, usabilidade e seguridade dos sistemas, servizos e aplicacións informáticas, así como da información que xestionan.
- Definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
- Concebir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empregando os métodos da enxeñaría do software como instrumento para o aseguramento da súa calidade.
- Concibir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuídas integrando hardware, software e redes.
- Coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática e manexar especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
- Coñecer as materias básicas e tecnoloxías que capaciten para a aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que os doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
- Resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática.
- Realizar medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos de informática.
- Analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do/a Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática.
- Coñecer e aplicar elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos.
CB1 – Que os estudantes amosen posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu área de estudo.
CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro de su área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 – Capacidade para concibir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e firmar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
CG2 – Capacidade para dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática de acordo cos coñecementos adquiridos.
CG3 – Capacidade para deseñar, desenvolver, avaliar e asegurar a accesibilidade, ergonomía, usabilidade e seguridade dos sistemas, servizos e aplicacións informáticas, así como da información que xestionan.
CG4 – Capacidade para definir, avaliar e seleccionar plataformas hardware e software para o desenvolvemento e a execución de sistemas, servizos e aplicacións informáticas, de acordo cos coñecementos adquiridos.
CG5 – Capacidade para concibir, desenvolver e manter sistemas, servizos e aplicacións informáticas empleando os métodos da enxeñaría do software como instrumento para o aseguramento da súa calidade, de acordo cos coñecementos adquiridos.
CG6 – Capacidade para concebir e desenvolver sistemas ou arquitecturas informáticas centralizadas ou distribuidas integrando hardware, software e redes de acordo cos coñecementos adquiridos.
CG7 – Capacidade para coñecer, comprender e aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática e manexar especificacións, reglamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG8 – Coñecemento das materias básicas e tecnoloxías, que capaciten para o aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías, así como as que lles doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG9 – Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade. Capacidade para saber comunicar e transmitir os coñecementos, habilidades e destrezas da profesión de Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática.
CG10 – Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións, peritacións, estudos, informes, planificación de tareas e outros traballos análogos de informática, de acordo cos coñecementos adquiridos.
CG11 – Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do/a Enxeñeiro/a Técnico/a en Informática.
CG12 – Coñecemento e aplicación de elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos.
CE1 – Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan plantexarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; cálculo diferencial e integral; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
CE2 – Comprensión e dominio dos conceptos básicos de campos e ondas e electromagnetismo, teoría de circuitos eléctricos, circuitos electrónicos, principio físico dos semiconductores e familias lóxicas, dispositivos electrónicos e fotónicos, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
CE3 – Capacidade para comprender e dominar os conceptos básicos de matemática discreta, lóxica, algorítmica e complexidade computacional, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
CE4 – Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
CE5 – Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
CE6 – Coñecemento adecuado do concepto da empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
CE7 – Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos, asegurando a súa fiabilidade, seguridade e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
CE8 – Capacidade para planificar, concebir, desplegar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en todos os ámbitos liderando a súa posta en marcha e a súa mellora continua e valorando o seu impacto económico e social.
CE9 – Capacidade para comprender a importancia da negociación, os hábitos de traballo efectivos, o liderazgo e as habilidades de comunicación en todos os entornos de desenvolvemento de software.
CE10 – Capacidade para elaborar o prego de condicións técnicas dunha instalación informática que cumpla os estándares e normativas vixentes.
CE11 – Coñecemento, administración e mantemento de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
CE12 – Coñecemento e aplicación dos procedementos algorítmicos básicos das tecnoloxías informáticas para deseñar solucións a problemas, analizando a idoneidade e complexidade dos algoritmos propostos.
CE13 – Coñecemento, deseño e utilización de forma eficiente dos tipos e estruturas de datos máis adecuados á resolución dun problema.
CE14 – Capacidade para analizar, deseñar, construir e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, elixindo o paradigma e as linguaxes de programación máis adecuadas.
CE15 – Capacidade de coñecer, comprender e avaliar a estructura e arquitectura dos computadores, así como os compoñentes básicos que os conforman.
CE16 – Coñecemento das características, funcionalidades e estructura dos Sistemas Operativos e deseñar e implementar aplicacións baseadas nos seus servizos.
CE17 – Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estructura dos Sistemas Distribuidos, as Redes de Computadores e Internet e diseñar e implementar aplicacións baseadas nelas.
CE18 – Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura das bases de datos, que permitan o seu adecuado uso, e o deseño e a análise e implementación de aplicacións baseadas neles.
CE19 – Coñecemento e aplicación das ferramentas necesarias para o almacenamento, procesamento e acceso aos Sistemas de Información, incluidos os baseados na web.
CE20 – Coñecemento e aplicación dos principios fundamentáis e técnicas básicas da programación paralela, concorrente, distribuida e de tempo real.
CE21 – Coñecemento e aplicación dos principios fundamentais e técnicas básicas dos sistemas intelixentes e a súa aplicación práctica.
CE22 – Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do software.
CE23 – Capacidade para deseñar e avaliar interfaces persoa computador que garanticen a accesibilidade e usabilidade aos sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
CE24 – Coñecemento da normativa e a regulación da informática nos ámbitos nacional, europeo e internacional.
CE25 – Capacidade para desenvolver, manter e avaliar servizos e sistemas software que satisfagan todos os requisitos do usuario e se comporten de forma fiable e eficiente, sexan asequibles de desenvolver e manter e cumpran normas de calidade, aplicando as teorías, principios, métodos e prácticas da Enxeñaría do Software.
CE26 – Capacidade para valorar as necesidades do cliente e especificar os requisitos software para satisfacer estas necesidades, reconciliando obxectivos en conflicto mediante a búsqueda de compromisos aceptables dentro das limitacións derivadas do coste, do tempo, da existencia de sistemas xa desenvolvidos e das propias organizacións.
CE27 – Capacidade de dar solución a problemas de integración en función das estratexias, estándares e tecnoloxías dispoñibles.
CE28 – Capacidade de identificar e analizar problemas e deseñar, desenvolver, implementar, verificar e documentar solucións software sobre a base dun coñecemento adoitado das teorías, modelos e técnicas actuais.
CE29 – Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potenciais asociados que puideran presentarse.
CE30 – Capacidade para deseñar solucións apropiadas nun ou máis dominios de aplicación utilizando métodos da enxeñaría do software que integren aspectos éticos, sociais, legais e económicos.
CE31 – Capacidade para comprender o entorno dunha organización e das súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións.
CE32 – Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar, avaliar, construir, xestionar, explotar e manter as tecnoloxías de hardware, software e redes, dentro dos parámetros de coste e calidade axeitados.
CE33 – Capacidade para emplear metodoloxías centradas no usuario e a organización para o desenvolvemento, avaliación e xestión de aplicacións e sistemas baseados en tecnoloxías da información que aseguren a accesibilidade, ergonomía e empregabilidade dos sistemas.
CE34 – Capacidade para seleccionar, deseñar, despregar, integrar e xestionar redes e infraestructuras de comunicacións nunha organización.
CE35 – Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de coste e calidade identificados.
CE36 – Capacidade de concebir sistemas, aplicacións e servizos basados en tecnoloxías de red, incluindo Internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móvil.
CE37 – Capacidade para comprender, aplicar e xestionar a garantía e seguridade dos sistemas informáticos.
CT1 – Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade mais xusta e igualitaria.
CT2 – Capacidade para comunicarse por oral e por escrito na lingua galega.
CT3 – Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
CT4 – Capacidade de análise, síntese e avaliación.
CT5 – Capacidade de organización e planificación.
CT6 – Capacidade de abstración: capacidade de crear e utilizar modelos que reflexen situacións reales.
CT7 – Capacidade de buscar, relacionar e estruturar información que provén de diversas fontes e de integrar ideas e coñecementos.
CT8 – Capacidade de traballar en situacións de falla de información e/ou baixo presión.
CT9 – Capacidade de integrarse rápidamente e traballar eficientemente en equipos unidisciplinares e de colaborar nun entorno multidisciplinar.
CT10 – Capacidade de relación interpersonal.
CT11 – Razoamento crítico.
CT12 – Liderado.
CT13 – Espíritu emprendedor e ambición profesional.
CT14 – Ter motivación pola calidade e a mellora continua.