A que se denomina ACREDITACIÓN en termos educativos?
A ACREDITACIÓN é o proceso que apunta a garantir a excelencia dunha institución ou dun programa educativo, xa que supón unha avaliación baseada en estándares e criterios de calidade establecidos previamente por unha axencia ou organismo acreditador.
Quen ACREDITA carreiras e universidades en España?
No noso país, quen se encarga da avaliación das universidades públicas e privadas, da acreditación das súas respectivas carreiras de grao e posgrao, e da homologación dos títulos correspondentes, é a Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). ANECA é o órgano encargado de realizar actividades de avaliación, certificación e acreditación do sistema universitario español co fin da súa mellora continua e adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
ANECA traballa en colaboración coas Axencias de calidade autonómicas (en Galicia, a ACSUG, Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia) para garantir a calidade do sistema universitario no territorio español.
En que consiste a RENOVACIÓN da acreditación?
Os títulos universitarios deben someterse periodicamente á renovación da súa acreditación polo Consello de Universidades. ANECA leva a cabo esta valoración a través do programa ACREDITA.
Esta avaliación realízase de maneira cíclica e ten un dobre obxectivo: comprobar se o título está a levarse a cabo de acordo cos obxectivos establecidos no seu proxecto inicial (polo cal obtivo a condición de título oficial) e comprobar se os seus resultados son adecuados e contribúen á formación do alumnado e á consecución, por tanto, dos obxectivos previstos. O resultado deste proceso de avaliación é un informe final, en termos favorables ou desfavorables, á renovación da acreditación.
Acreditación INSTITUCIONAL
Para obter a acreditación institucional de centros de universidades públicas e privadas, os apartados 2 e 3 do artigo 14 do Real Decreto 420/2015, do 29 de maio, de creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios, requiren o cumprimento de dous requisitos:
- Renovar a acreditación inicial de polo menos a metade dos títulos oficiais de grao e mestrado que impartan.
- Contar coa certificación da implantación do seu sistema de garantía interno de calidade.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática cumpre ambos requisitos polo que a Universidade de Vigo solicitou a acreditación institucional da ESEI á ACSUG, que emitiu un informe de avaliación vinculante para o Consejo de Universidades.
Mediante Resolución de 28 de xaneiro de 2019, do Consello de Universidades, en relación coa acreditación institucional da Escola Superior de Enxeñaría Informática (32016819) da Universidade de Vigo, o Consejo de Universidades declara a acreditación institucional da ESEI. A acreditación institucional, que deberá renovarse antes do transcurso de cinco anos contados a partir da data da presente resolución, terá, para o centro, os efectos previstos no artigo 27, do Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro.
A acreditación institucional da ESEI, mentras manteña os seus efectos, permitirá renovar a acreditación das titulacións oficiais que imparta o centro sen necesidade de someterse ao procedemento xeral.
Verificación do Grao en Enxeñaría Informática
Renovación Acreditación do Grao en Enxeñaría Informática
Curso 2016/17
- Informe de autoavaliación de renovación da acreditación
- Informe de renovación da acreditación ACSUG
- Resolución da Secretaría Xeral de Universidades acerca da renovación da acreditación
Seguimento do Grao en Enxeñaría Informática
O seguimento das titulacións forma parte dos Informes de resultados anuais do centro (enlace)
Verificación do Máster Universitario en Enxeñaría Informática
Renovación da acreditación do Máster Universitario en Enxeñaría Informática
Curso 2014/15
- Relación de evidencias e indicadores
- Informe de autoavaliación para renovación de acreditación
- Informe de renovación de acreditación ACSUG
Seguimento do Máster Universitario en Enxeñaría Informática
O seguimento das titulacións forma parte dos Informes de resultados anuais do centro (enlace).