Enquisas de avaliación docente do 2º cuadrimestre: sorteo de 5 auriculares

Está aberto o prazo para cubrir a enquisa de avaliación docente das materias (anteriormente facíanse en papel) cursadas no segundo cuadrimestre.
Ademais, o estudantado de 3º curso pode realizar unha segunda enquisa, neste caso relativa á satisfacción xeral coa titulación que está a cursar.
Ambas as dúas están accesibles por medio da Secretaría Virtual: https://secretaria.uvigo.gal/
Recordamos a importancia que ten para nós coñecer as vosas valoracións, que son analizadas (de forma completamente anónima) pola Comisión de Calidade, e son a base para as accións de mellora que se levan a cabo tanto na ESEI como nas titulacións aquí impartidas.
En agradecemento, se realizas a/s enquisa/s antes do próximo venres día 4, participarás no sorteo de 5 auriculares.