A formación do título de Máster en Intelixencia Artificial permite ao alumnado egresado alcanzar un conxunto de obxectivos e adquirir, en distintos niveis de profundización, as seguintes capacidades, competencias e destrezas xerais:

Os obxectivos do plan de estudos do Máster son os seguintes:

  • O Máster Universitario en Intelixencia Artificial ten por obxectivo principal formar a profesionais con capacidade de desenvolver sistemas intelixentes para axudar na toma de decisións a nivel científico e empresarial.
  • O estudante deste Máster será capaz de xerar solucións prácticas a problemas tecnolóxicos, empresariais e sociais.
  • Combinando o estudo de materias como as matemáticas e a informática, co manexo avanzado das novas tecnoloxías dixitais da información e a comunicación (estatística, intelixencia artificial, aprendizaxe autónoma…) o egresado desta titulación converterase nun perfil moi atractivo á hora de cubrir as necesidades que se están dando no mercado laboral.

CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.

CB7 – Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.

CB8 – Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.

CB9 – Que os estudantes sepan comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.

CB10 – Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que terá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

CG1 – Manter e estender formulacións teóricas fundados para permitir a introdución e explotación de tecnoloxías novas e avanzadas no campo da Intelixencia Artificial.

CG2 – Abordar con éxito todas as etapas dun proxecto de Intelixencia Artificial.

CG3 – Buscar e seleccionar a información útil necesaria para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas do campo.

CG4 – Elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, proxectos de traballo, artigos científicos e formular hipóteses razoables no campo.

CG5 – Traballar en equipo, especialmente de carácter multidisciplinar, e ser hábiles na xestión do tempo, persoas e toma de decisións.

CE1 – Comprensión e dominio de técnicas para o procesado de textos en linguaxe natural.

CE2 – Comprensión e dominio dos fundamentos e técnicas de procesamiento semántico de documentos enlazados, estruturados e non estruturados, e da representación do seu contido.

CE3 – Comprensión e coñecemento das técnicas de representación e procesado de coñecemento mediante ontologías, grafos e RDF, así como das ferramentas asociadas ás mesmas.

CE4 – Coñecer os fundamentos e técnicas básicas da intelixencia artificial e a súa aplicación práctica.

CE5 – Capacidade para deseñar e desenvolver sistemas intelixentes mediante a aplicación de algoritmos de inferencia, representación do coñecemento e planificación automática.

CE6 – Capacidade para recoñecer aqueles problemas que necesiten dunha arquitectura distribuída que non estea prefijada durante o deseño do sistema, que serán adecuados para a implementación de sistemas multiagente intelixentes.

CE7 – Capacidade para entender as implicacións do desenvolvemento dun sistema intelixente explicable e interpretable.

CE8 – Capacidade para deseñar e desenvolver sistemas intelixentes seguros, en termos de integridade, confidencialidade e robustez.

CE9 – Capacidade para ter un coñecemento profundo dos principios fundamentais e modelos da computación cuántica e sabelos aplicar para interpretar, seleccionar, valorar, modelar, e crear novos conceptos, teorías, usos e desenvolvementos tecnolóxicos relacionados coa intelixencia artificial.

CE10 – Capacidade para a construción, validación e aplicación dun modelo estocástico dun sistema real a partir dos datos observados e a análise crítica dos resultados obtidos.

CE11 – Capacidade para a análise dun conxunto de datos e a selección e aplicación das técnicas de inferencia estatística e de regresión máis adecuadas para a adquisición de coñecemento para a toma de decisións.

CE12 – Capacidade para comprender, expor, formular e resolver problemas susceptibles de ser abordados a través de modelos de aprendizaxe automática.

CE13 – Coñecemento das ferramentas informáticas no campo da análise dos datos e modelización estatística, e capacidade para seleccionar as máis adecuadas para a resolución de problemas.

CE14 – Comprensión e dominio das principais técnicas de aprendizaxe automática, incluíndo as dedicadas ao tratamento de grandes volumes de datos. Compresión e dominio de fundamentos e técnicas básicas para a procura e o filtrado de información en grandes coleccións de datos.

CE15 – Coñecemento das ferramentas informáticas no campo da aprendizaxe automática, e capacidade para seleccionar a máis adecuada para a resolución dun problema.

CE16 – Coñecemento do proceso e as ferramentas para o procesamiento e preparación de datos desde a súa adquisición ou extracción, limpeza, transformación, carga, organización e acceso.

CE17 – Comprender e asimilar as capacidades e limitacións dos sistemas robóticos intelixentes actuais, así como das tecnoloxías que os sustentan.

CE18 – Desenvolver a capacidade de elixir, deseñar e implementar estratexias baseadas en intelixencia artificial para dotar a sistemas robóticos, tanto individuais como colectivos, das capacidades necesarias para realizar as súas tarefas de maneira adecuada de acordo cos obxectivos e restricións que se expoñan.

CE19 – Coñecemento de diferentes ámbitos de aplicación das tecnoloxías baseadas en IA e a súa capacidade para ofrecer un valor engadido diferenciador.

CE20 – Capacidade de afrontar contornas interdisciplinares e combinar e adaptar diferentes técnicas, extrapolando coñecementos entre diferentes ámbitos.

CE21 – Coñecemento das técnicas que facilitan a organización e xestión de proxectos en IA en contornas reais, a xestión dos recursos e a planificación de tarefas dunha maneira eficiente, tendo en conta conceptos de diseminación do coñecemento e ciencia aberta.

CE22 – Coñecemento de técnicas que facilitan a seguridade dos datos, aplicacións e as comunicacións e as súas implicacións en diferentes ámbitos de aplicación da IA.

CE23 – Comprensión e dominio dos conceptos básicos e técnicas de procesamiento e análise de imaxe dixital.

CE24 – Capacidade de aplicación de diferentes técnicas a problemas de visión por computador.

CE25 – Coñecementos e habilidades que permitan deseñar sistemas para detección, clasificación e seguimento de obxectos en imaxes e vídeo.

CE26 – Comprensión e dominio sobre as formas de representación dos sinais e imaxes en función dos seus datos, así como as súas características fundamentais e as súas formas de representación.

CE27 – Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas emprendedoras.

CE28 – Coñecemento adecuado do concepto de empresa, a súa organización e xestión, e os distintos sectores empresariais co obxectivo de facilitar solucións desde a Intelixencia Artificial.

CE29 – Ser capaz de aplicar os coñecementos, capacidades e actitudes á realidade empresarial e profesional, planificando, xestionando e avaliando proxectos no ámbito da intelixencia artificial.

CE30 – Ser capaz de expor, modelar e resolver problemas que requiran a aplicación de métodos, técnicas e tecnoloxías de intelixencia artificial.

CT1 – Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

CT2 – Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.

CT3 – Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

CT4 – Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.

CT5 – Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.

CT6 – Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.

CT7 – Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sustentable ambiental, económico, político e social.

CT8 – Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.