Charla ESEI Grado2: Web Hacking Roadmap: Guía introdutoria á seguridade ofensiva en aplicacións web

🚀 Atención futur@s hackers! 🚀

Este xoves non perdas unha oportunidade única para adentrarte no mundo da seguridade informática coa nosa charla sobre «Web Hacking Roadmap: Guía introdutoria á seguridade ofensiva en aplicacións web» 🔒

🗓️ Fecha: Xoves 9 de maio, 17:00h

📍 Lugar: Salón de Graos

🎤 O noso poñente será Christian Barral López, Cybersecurity Senior Consultant en Tarlogic, quen conta cunha gran traxectoria e certificacións como CRTE, OSCP, BSCP y CEH.

🔎 De que trata?

Exploraremos as principais vulnerabilidades das aplicacións web, entenderemos as técnicas e métodos que os atacantes empregan para explotar estas debilidades e ofreceremos un mapa de ruta esencial para aquelas persoas interesadas en mergullarse no campo da ciberseguridade.

🔗 Inscricións: ¡Non deixes pasar esta oportunidade única! As prazas son limitadas, inscríbete aquí.

En ‘ESEI Grado2’, estamos dedicados a ofrecer oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento profesional continuo á nosa comunidade. Agardámoste!