Premio ao mellor traballo universitario libre 2023

O Consorcio Interuniversitario de Galicia (CIXUG) convoca os premios ao mellor traballo universitario libre co obxectivo de fomentar e achegar aos universitarios e universitarias galegas ao software libre, incrementando o coñecemento que estes teñan sobre este tipo de tecnoloxías e en consecuencia abríndolles as portas a novas posibilidades de emprego de calidade relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Pode optar a este premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado Universitario, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do curso académico 2022-2023, que cumpra cos criterios definidos nas bases do premio.

Toda a información está dispoñible aquí e o prazo remata o vindeiro venres 6 de outubro.