A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo vén de lanzar unha campaña para promover e facilitar dar o paso a iniciar a vivir en galego entre o estudantado e toda a comunidade da Universidade de Vigo.
Trátase do plan de madriñas e padriños «Galego de tranquis», a través do cal porán en contacto a persoas que desexan comezar a falar ou escribir en galego (aos poucos… ou a tope!, cada quen ao seu ritmo) con persoas que xa o dominan para que o proceso sexa o máis «tranqui» posible.
Xa podedes apuntarvos como aprendentes (aquí) ou como madriñas ou padriños (aquí).
Animádevos a participar!