O venres, 3 de setembro terán lugar, na Aula Magna do Edificio Politécnico, unhas xornadas de acollida para alumnado de primeiro curso do grao, dobre grao ADE-Informática e máster, do curso 2020/2021.
Para cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias, estableceranse dúas quendas:
- 10:30 horas: alumnado coa inicial do primeiro apelido dende A-L
- 12:30 horas: alumnado coa inicial do primeiro apelido dende M-Z
O programa de cada unha das sesións é o seguinte:
- Benvida e Presentación do Equipo Directivo.
- Presentación do Grao, Dobre Grao e do Máster en Enxeñaría Informática.
- Presentación do PAT (Plan de Acción Titorial).
- Presentación dos Programas de Mobilidade.
- Presentación das Prácticas en Empresas.
- Presentación ESEIDA.
O luns, 6 de setembro, comezo normal das clases segundo horario aprobado pola Xunta de Centro.