Xornadas de acollida curso 2021/2022

O venres, 3 de setembro terán lugar, na Aula Magna do Edificio Politécnico, unhas xornadas de acollida para alumnado de primeiro curso do grao, dobre grao ADE-Informática e máster, do curso 2020/2021.

Para cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias, estableceranse dúas quendas:

  • 10:30 horas: alumnado coa inicial do primeiro apelido dende A-L
  • 12:30 horas: alumnado coa inicial do primeiro apelido dende M-Z

O programa de cada unha das sesións é o seguinte:

  • Benvida e Presentación do Equipo Directivo.
  • Presentación do Grao, Dobre Grao e do Máster en Enxeñaría Informática.
  • Presentación do PAT (Plan de Acción Titorial).
  • Presentación dos Programas de Mobilidade.
  • Presentación das Prácticas en Empresas.
  • Presentación ESEIDA.

O luns, 6 de setembro, comezo normal das clases segundo horario aprobado pola Xunta de Centro.

NOVA: presentación empregaga nas xornadas