Está aberto o prazo de solicitude de asignación de prácticas en empresas para as titulacións de Grao e Master en Enxeñaría Informática para realizar durante o curso 2022/2023.
As solicitudes deben presentarse a través dun dos seguintes formularios:
O/A solicitante indicará ata 5 opcións, por orde de preferencia. Pódense solicitar varias prácticas na mesma empresa (por exemplo, en diferentes cuadrimestres e/ou con diferente duración en horas), pero sempre axustándose á oferta da empresa (é dicir, non se terán en conta solicitudes para cuadrimestres e/ou ECTS que non sexan ofertados).
IMPORTANTE: hai varias empresas que ofertan diferentes programas formativos, e que se diferencian por un número entre parénteses a continuación do nome da empresa. É IMPRESCINDIBLE que se faga constar o número correcto desa oferta na solicitude.
O prazo de solicitude finaliza o 28 de xuño de 2022, ás 23:59 horas.
A asignación de prácticas realizarase por orde de expediente, segundo o establecido pola normativa vixente.
Pódese consultar toda a información referente ás ofertas de prácticas na web da ESEI, no apartado de Prácticas curriculares.
Tamén está dispoñible na web da ESEI a oferta de Prácticas Extracurriculares, que se xestionarán directamente coa FUVI (practicasou@fundacionuvigo.es – 988 368 898).
Ante cualquera dúbida sobre as prácticas, podedes contactar coa coordinadora de prácticas da ESEI, a profesora María Lourdes Borrajo Diz, no correo electrónico: emprego@esei.uvigo.es ou chamándo ao 988387028.