Charla Bolsas que se ofertan na Universidade de Vigo

Co obxectivo de que coñezades todas as bolsas e axudas ás que podedes optar como estudantes da UVigo, dentro do programa PAT-ANEAE da ESEI estase a organizar a unha charla titulada Bolsas que se ofertan na Universidade de Vigo, impartida polo Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos.

A charla terá lugar o 29 de abril ás 11:00h (cunha duración prevista de 1h 30′) e farase online, nesta sala virtual do Campus Remoto (Acceso: Estudantado. Clave: BtV5P6x9). Estará impartida por Mª Guadalupe Fernández Romero, Xefa da Sección de Axudas e Bolsas.