O vindeiro sábado, día 19 de xaneiro de 2019, a Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo (ESEI) e o Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) organizamos un conxunto de actividades e talleres dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 18 anos co obxectivo de achegarlles dunha forma lúdica e divertida á programación, á tecnoloxía de impresión en 3D e á programación de pequenos dispositivos. As actividades, que son totalmente gratuítas, desenvolveranse nas aulas da Escola Superior de Enxeñería Informática do Campus de Ourense segundo o PROGRAMA.
Toda a información sobre o evento e inscrición está dispoñible no enlace anterior e na web de «A Hora do Código» (horadocodigo2019.eventbrite.es).