A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business organiza este campus tecnolóxico de verán co obxectivo de espertar vocacións tecnolóxicas en rapaces e rapazas nacidos entre 2011 e 2016, para darlles a coñecer o mundo TIC e axudalos a desenvolver habilidades dunha maneira divertida. Ademais, con esta iniciativa tamén se pretende aumentar a porcentaxe de alumnado feminino en estudos relacionados cas TIC, de xeito que o 80% das prazas están reservadas para as rapazas.
A temática desta edición, titulada «Misión a Marte», está relacionada co desenvolvemento de talleres para preparar ás futuras xeracións de cosmonautas. Toda a información está dispoñible aquí.
O campamento terá lugar do 26 ao 30 de xuño de 2023, entre as 9:00 e as 14:00 horas, na Escola Superior de Enxeñaría Informática. O prazo de inscrición remata o 5 de xuño (ou cando se esgoten as prazas) e aínda temos prazas dispoñibles.