Dentro do programa de formación en competencias dixitais e-Destrezas, este curso pretende dotar ao alumnado dos coñecementos da tecnoloxía de impresión necesarios para deseñar e fabricar as súas propias pezas en 3D. Tamén se ensinará a montar unha impresora 3D desde cero e recoñecer os elementos que a compoñen. E tamén a identificar os problemas habituais de funcionamento e como corrixilos.
- Instalacións onde se imparte: La Molinera
- Período: do 5 de novembro ao 10 de decembro
- Horario: Martes, de 16.00 a 21.00 (30 horas)