Resolución provisional de Adxudicación de ERASMUS + para o curso 2023/24

Acaba de ser publicada a listaxe provisoria do alumnado seleccionado e da praza asignada para a bolsa ERASMUS para o curso 23/24. Todo o alumnado que solicitara a bolsa e fose admitido, debe ter recibido un correo con toda a información.

Establecese un prazo de alegacións de 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas listaxes provisionais (de 25/02/23 á 3/03/23). O escrito de alegacións será dirixido á persoa responsable das relacións internacionais da Escola Superior de Enxeñería Informática (Alma Gómez Rodríguez, na dirección esei.move@uvigo.es).

Convocase a todo o alumnado seleccionado a unha reunión que terá lugar o vindeiro xoves 2/03/2023 ás 15:15 no Salón de Graos do Edificio Politécnico. A asistencia a esta reunión e imprescindible para o bo funcionamento do intercambio.