Organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coas Universidades da Coruña, Santiago e Vigo.
Os participantes, de secundaria, bacharelato ou grao medio, deberán resolver unha serie de problemas mediante unha linguaxe de programación (permítese o uso de C++, Python ou Java).
O concurso celebrarase de xeito presencial o 4 de febreiro de 2022 na Facultade de Informática da UDC, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e na nosa Escola Superior de Enxeñaría Informática (UVigo).
A pre-inscrición xa está aberta: https://oig.gal/
Este concurso permitirá seleccionar a dous representantes galegos para que participen na Olimpíada Informática Española, que se celebrará en abril de 2022. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará en agosto de 2022 en Indonesia.
Máis información: https://oig.gal/
Contacto: informacion@oig.gal