Asignación de grupos de prácticas (2º, 3º e 4º)

O prazo de matrícula para continuar estudos na Universidade de Vigo é do 30 de agosto ao 15 de setembro.

Debido ás restricións por COVID establecidas nas aulas de informática, o proceso de asignación de grupos realizarase da seguinte maneira:

1ª asignación – Publicada o domingo día 5
Novo alumnado na materia que se matricule antes do venres día 3 ás 14:00 horas.

2ª asignación – Publicada o domingo día 12
Novo alumnado na materia que se matricule antes do venres día 10 ás 14:00 horas.

3ª asignación – Publicada o venres día 17
Novo alumnado na materia que se matricule antes do xoves día 16.

IMPORTANTE:
Ata o luns día 20 terá prioridade de acceso aos grupos de prácticas aquel alumnado que sexa asignado a devandito grupo. Poderase completar o grupo pero só ata o aforo permitido.
Terá prioridade o alumnado de primeira matricula no acceso a devanditos grupos.
Unha vez finalizada a 3ª asignación o alumnado repetidor poderá solicitar a súa asignación a aqueles grupos nos que consten vacantes.

RECOMENDACIÓN:
Recomendamos realizar matrícula antes da 1ª asignación (venres día 3 ás 14:00 horas) para evitar calquera problema posterior con futuras asignacións.