Aberto o prazo de solicitude de asignación de prácticas en empresas para as titulacións de Grao e Master en Enxeñaría Informática. O prazo finaliza o 12 de xullo de 2020, ás 23:59 horas.
As solicitudes deben presentarse a través dun dos seguintes formularios:
O/A solicitante indicará ata 5 opcións, por orde de preferencia. Pódense solicitar varias prácticas na mesma empresa (por exemplo, en diferentes cuadrimestres e/ou con diferente duración en horas), pero sempre axustándose á oferta da empresa (é dicir, non se terán en conta solicitudes para cuadrimestres e/ou ECTS que non sexan ofertados).
IMPORTANTE: hai varias empresas que ofertan diferentes programas formativos, e que se diferencian por un número entre paréntesis a continuación do nome da empresa. É IMPRESCINDIBLE que se faga constar o número correcto desa oferta na solicitude.
A asignación de prácticas realizarase por orde de expediente, segundo o establecido pola normativa vixente.
Pódese consultar toda a información referente ás ofertas de prácticas na web da ESEI, no apartado de Prácticas curriculares.
Tamén está dispoñible na web da ESEI a oferta de Prácticas Extracurriculares, que se xestionarán directamente coa FUVI.