Xornadas científicas sobre o uso de HPC (High Performance computing) en simulacións de fluídos xeofísicos organizadas por EPhysLab e a Universidade de Vigo co financiamento da Rede Española de Supercomputación, terán lugar na Universidade de Vigo (campus de Ourense) os días 16 e 17 de outubro do 2019.
Estas xornadas teñen como obxectivo presentar os últimos avances no desenvolvemento dos modelos numéricos IBER, IHFoam e DualSPHysics, así como aplicacións que só se poden estudar grazas ao uso de HPC. Os asistentes terán a oportunidade de escoitar os relatorios de expertos no modelado numérico e HPC, así como aos propios desarrolladores destes modelos.
Durante estas xornadas tamén se presentarán as novidades das GPUs actuais e futuras para supercomputación da man de recoñecidos expertos internacionais de Nvidia. Así como o uso de Cloud Computing en simulaciones HPC e deseño de interfaces gráficos a partir de software libre.
Estas xornadas tamén inclúen un taller práctico sobre o uso dos modelos IBER e DualSPHysics no supercomputador FinisTerrrae II do CESGA (prazas limitadas).
Inscripción gratuita en https://hpc-gfd2019.uvigo.es
(comida incluída só para as 50 primeiras inscripcións)