O vindeiro venres 5 de setembro de 2025 terán lugar as xornadas de acollida da ESEI, orientadas a alumnado de Grao en Informática, Grao en Intelixencia Artificial, PCEO ADE-
Informática, PCEO GRIAEI, Mestrado universitario en Enxeñaría Informática, Mestrado universitario en Intelixencia Artificial e PARS.
As xornadas comezarán ás 10:00h co acto de benvida por parte do equipo directivo, no que tamén se presentarán o PAT-ANEAE e a ESEIDA. Ás 11:30h terá lugar a primeira reunión PAT-ANEAE, co obxectivo de que cada alumno/a se reúna no lugar indicado co seu titor/a de PAT-ANEAE.
Ademais, o mércores 3 de setembro entre as 10:00h e as 13:00h terán lugar as xornadas de benvida da Universidade de Vigo no pavillón universitario do Campus de Ourense. O alumnado recibirá toda a información necesaria para desenvolverse na vida universitaria.
As clases comezarán o luns 8 de setembro de acordo cos horarios dispoñibles.
