Xornadas de acollida curso 2023/2024

O vindeiro xoves 7 de setembro de 2023 terán lugar as xornadas de acollida da ESEI, orientadas a alumnado de Grao en Informática, Grao en Intelixencia Artificial, Dobre Grao ADE-
Informática, Mestrado universitario en Enxeñaría Informática e Mestrado universitario en Intelixencia Artificial.

As xornadas comezarán ás 10:00 co acto de benvida por parte do equipo directivo, no que tamén se presentarán o PAT-ANEAE e a ESEIDA. Ás 11:00 terá lugar a primeira reunión PAT-ANEAE, co obxectivo de que cada alumno/a se reúna no lugar indicado co seu titor/a de PAT-ANEAE. Ás 11:30 farase un taller de introdución á informática á cargo do Prof. Dr. Daniel González Peña e o Prof. Dr. Miguel Reboiro Jato, da área Linguaxes e Sistemas Informáticos. Ás 12:30 presentaranse os programas de mobilidade e prácticas en empresas. Ás 13:00 impartirase un taller sobre Técnicas de Traballo en Grupo por parte do Gabinete Psicopedagóxico do Campus de Ourense. Ás xornadas rematarán ás 13:30 cunha mesa redonda sobre «As profesións informáticas e o papel dos Colexios Profesionais».

Ademais, o mércores 6 de setembro terán lugar as xornadas de benvida da Universidade de Vigo no pavillón universitario do Campus de Ourense.