O venres 2 de setembro as 10 horas terá lugar, na Aula Magna do Edificio Politécnico, as xornadas de acollida do curso 2022/2023, orientado a alumnado do Grao en Enxeñaría Informática, Grao en Intelixencia Artificial, Dobre Grao ADE-Informática, Máster Universitario en Enxeñaría Informática e Máster Universitario en Intelixencia Artificial.
O programa das xornadas é o seguinte:
10:00 Acto de Benvida
Benvida e Presentación do Equipo Directivo.
Presentación do Grao e do Máster en Enxeñaría Informática.
Presentación do Grao e do Máster en Intelixencia Artificial.
Presentación do PAT-ANEAE.
Presentación ESEIDA.
11:00 Taller de Introdución á Informática
Impartido polo Prof. Dr. Daniel González Peña e o Prof. Dr. Miguel Reboiro Jato, da área Linguaxes e Sistemas Informáticos.
Presentación empregada: Introducción a la Informática ESEI 2022-2023
12:00 Mobilidade, Prácticas e Emprego
Presentación dos Programas de Mobilidade.
Presentación das Prácticas en Empresas.
Presentación de empresas e institucións colaboradoras no programa de Prácticas en Empresas da ESEI.
12:30 Taller sobre Técnicas de Traballo en Grupo
Impartido polo Gabinete Psicopedagóxico do Campus de Ourense