Este ano celébrase unha nova edición do Foro de Emprego ESEI. A iniciativa ofrece aos estudantes de grao e mestrado deste centro a oportunidade de achegarse a case unha vintena de empresas e entidades para coñecer as súas ofertas de emprego e de prácticas curriculares e extracurriculares, á vez que estas entidades teñen a posibilidade de captar talento cando aínda se está fraguando.
A actividade desta edición arrancará o xoves 18 de novembro, as 11:30 horas no Salón de Actos Marie Curie, cunha conferencia inaugural, que leva por título «O Mercado Laboral na Enxeñaría Informática» a cargo de Fernando Suárez, Director do Área de Transparencia e Goberno Aberto na Deputación de Ourense.
A axenda do evento continuará pola tarde, entre as 15:30 e as 19:30, coa axenda de entrevistas presenciais, e do 22 ó 26 de novembro coas entrevistas virtuais.
Este foro tamén está aberto a exalumnos e profesionais TIC da provincia.
Inscrición: https://forms.gle/n9mCbsYS7X5AyCst8