Google-Mercadona IT Day na ESEI

Xornada informativa do programa de formación Career Readiness. 

Google e Mercadona IT ofrecen aos estudantes da ESEI o acceso sen custo ao seu programa de formación Career Readiness, en dúas modalidades:

  • Data Analyst:
    Para os alumnos que queren explorar profesións en analítica, intelixencia empresarial, enxeñería de datos e ciencia de datos.
    Duración: 30 horas.
    Modalidade: en liña e con horario autoxestionado.

 

  • Associate Cloud Engineer:
    Para estudantes que aspiran a desenvolver unha carreira profesional no ámbito da enxeñería e xestión relacionadas coa infraestrutura na nube, o desenvolvemento de aplicacións nativas da nube e a enxeñería de datos.
    Duración: 40 horas.
    Modalidade: en liña e con horario autoxestionado.

 

Por que participar?

  • Estes cursos son en liña, con sesións de apoio de enxeñeiros e profesionais de Google para resolver dúbidas e cumprir os obxectivos.
  • Os estudantes que completen os cursos terán acceso preferente á bolsa de emprego do Departamento de Informática de Mercadona na súa hub de Vigo.

Inscríbeche aquí: Formulario

Para coñecer máis sobre o programa convidámosche o próximo 2 de marzo de 17 a 19 a un evento con Google e Mercadona IT NO Salón de Graos da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI). Na sesión participará o Director de Enxeñería de Mercadona, que expoñerá como utilizan a nube nunha gran compañía como a súa.