A Aula Magna da ESEI acolle este martes e mércores, 29 e 30 de novembro, de 18:30 a 21:30 horas, os Demo Days TFE, unha iniciativa encadrada dentro das actividades do proxecto transfronterizo NOVA TFE (Novas Oportunidades de Negocio para Pemes Baseadas en Tecnoloxías Facilitadoras). O obxectivo é establecer sinerxías e conexións entre persoas emprendedoras e posibles investidores para impulsar ou relanzar proxectos empresariais.
Nesta actividade participarán as seguintes empresas:
- Enercraft: peme galega galardoada en 2021 como o mellor proxecto emprendedor durante os VIII Premios Galicia de Enerxía.
- Rediot: proxecto que ofrece solucións tecnolóxicas a medida relacionadas cos ámbitos de SmartCity e IoT.
- Xesta Brava: iniciativa de propostas divulgativas innovadoras dirixidas á comunidade educativa e á sociedade.
- Bágoas Fóra: espazo virtual onde se une o tradicional da artesanía coa innovación educativa.
- F&H Asociados: empresa de arqueoloxía, consultaría e impacto ambiental.
- MASQUE3D: empresa que traballa na divulgación da fabricación aditiva e impresión 3D.