Conferencia on-line: Informática aplicada á seguridade e control de explosivos

O vindeiro luns, 24 de maio, as 18:30 horas terá lugar a segunda conferencia do ciclo organizado por IEEE-Computer Section (Spain Section Chapter, C16), en colaboración coa ESEI.

Ponente: Prof. Dr. Jesús Salvador Cano Carrillo

Enxeñeiro Superior en Informática, Máster en Redes e Comunicacións e Doutor Enxeñeiro Industrial. A súa tese versou sobre Goberno Electrónico e Ciberseguridade, leva máis de 20 anos traballando en tecnoloxías da información é, tamén, Capitán da Garda Civil cunha ampla experiencia en xestión de sistemas de seguridade e control de explosivos. Actualmente é o Xefe de Informática do Tribunal Constitucional e profesor asociado e encargado da materia de «Informática aplicada á criminoloxía» no grao de Criminoloxía e, ademais, é o presidente de IEEE-Computer Society no seu Capítulo Español. Publicou unha gran cantidade de artigos tanto nacionais como internacionais.

Título: Informática aplicada á seguridade e control de explosivos

Lugar: ESEI – Sala de Xuntas 1 (Campus Remoto – UVigo)

URL: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/106328653
Contrasinal acceso estudantado: qPa2x4pA