Conferencia: Comunicando o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) con sentido

O martes, 23 de novembro, ás 16:15 horas terá lugar a terceira conferencia do ciclo organizado por IEEE-Computer Society (Spain Section Chapter, C16) en colaboración coa ESEI.

Ponente: Prof. Dr. Ricardo J. Rodríguez

Profesor da Universidade de Zaragoza e membro do IEEE-Computer Society, cuxa carreira científica está orientada á seguridade informática, especialmente en software. En concreto, os seus intereses de investigación inclúen a análise de sistemas complexos, con especial énfase no rendemento e a súa seguridade, o forense dixital e a análise de aplicacións de software. Participa como ponente habitual e profesor de talleres técnicos en numerosas conferencias de seguridade do sector industrial, como NoConName, Hack.LU, RootedCON, Hack in Paris, MalCON, SSTIC CCN-CERT, ou Hack in the Box Amsterdam, entre outras e lidera actualmente unha liña de investigación dedicada á seguridade informática na Universidade de Zaragoza (máis información en https://reversea.me).

Título: Comunicando o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) «con sentido»; RXPD un pequeno paso para o home … un gran paso para a privacidade

Resumo: o obxectivo desta charla é proporcionar información do impacto que o Regulamento Xeral de Protección de Datos ten sobre diferentes contornas tecnolóxicas. Cunha aproximación divulgativa, a presentación repasará como a normativa afecta ao día a día dos actores involucrados no desenvolvemento de aplicacións, dende os programadores ata as empresas posuidoras de datos persoais.

Lugar: Salón de Graos do Edificio Politécnico

Inscripción: recoméndase inscripción previa de asistencia no seguinte enlace https://forms.gle/5Pib6kLFTsVLFWUw5

Retransmisión en liña: a conferencia poderá seguirse tamén a través do Campus Remoto da Uvigo.
URL: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/106328653
Contrasinal acceso estudantado: qPa2x4pA