Campamento Tecnolóxico MATICA

O CPEIG e a Amtega potencian o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade co Campamento tecnolóxico de MATICA.

O CPEIG, coa colaboración das tres universidades galegas, ten como obxectivo crear unha comunidade de rapazas de entre 12 a 18 anos de toda a comunidade galega que permita desenvolver as súas competencias no eido das TIC.

As actividades do campamento estarán dirixidas por profesoras e investigadoras das universidades, xunto con estudantes de últimos cursos das titulacións de enxeñaría informática. Estas actividades incluirán talleres de iniciación ao pensamento computacional e programación, robótica, intelixencia artificial, así como charlas con profesionais de recoñecido prestixio ou visitas aos centros de investigación das universidades. Todas as actividades estarán adaptadas á idade das participantes, que estarán dividas en grupos.

O programa Mática ten o obxectivo de crear unha rede entre todas as rapazas con intereses nas TIC como creadoras e desenvolvedoras de tecnoloxía e a súas aplicacións na sociedade. En particular, permitirá coñecerse xa a estudantes de puntos moi distantes de Galicia que queiran estudar estas titulacións no futuro, creando lazos de amizade e colaboración.

Para dúbidas enviar un email a gestion.eventos@cpeig.gal