Os vindeiros luns 28 e martes 29 de outubro terán lugar, no salón de graos da Escola Superior de Enxeñaría Informática, o 2º Simposio Iberoamericano de Blockchain e Ciberseguridade, centrado nas Experiencias de aplicación e transferencia de Blockchain e ciberseguridade na industria.
As inscricións a este simposio, organizado polo CYTED (Programa Iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía para o desenvolvemento), son gratuítas e están abertas ata o domingo 13 de outubro neste formulario.
Este simposio é unha oportunidade única para reunir a estudantes, académicos, investigadores e profesionais de diferentes sectores que desexen compartir coñecemento e debater sobre as últimas tendencias e desenvolvementos no campo da Blockchain, a ciberseguridade e a análise forense dixital, entre outros temas de alta relevancia no ámbito tecnolóxico actual.
Os obxectivos do simposio son:
- Crear un espazo para o intercambio de ideas e coñecementos entre expertos e participantes.
- Promover o diálogo intersectorial sobre o impacto e as aplicacións da tecnoloxía Blockchain.
- Abordar os desafíos actuais en ciberseguridade e análise forense dixital.
- Explorar as oportunidades de colaboración entre a academia, a industria e os formuladores de políticas.
O evento desenvolverase nun formato híbrido, ofrecendo a posibilidade de asistencia tanto presencial como en liña, facilitando a participación desde calquera parte do mundo. O programa completo pode consultarse na páxina oficial do evento. Farase entrega dun diploma de asistencia, tanto virtual como presencial.