O vindeiro luns, 26 de abril, as 18:30 horas terá lugar a primeira conferencia dun ciclo organizado por IEEE-CS capítulo español (CH08023 – Spain Section Chapter, C16), en colaboración coa ESEI.
Ponente: Prof. Dr. Miguel Ramón González-Castro.
Enxeñeiro en Informática pola UNED, Enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, obtivo o seu Doutorado en Informática con Cum Laude na Universidade de Vigo. É Responsable de Informática Industrial en ENCE e profesor asociado do departamento de Informática da Universidade de Vigo . É membro do grupo internacional de investigación SI1-GEAC. Publicou libros, capítulos de libros, artigos JCR e varios artigos internacionais, así como varias publicacións referenciadas.
Título: Informática industrial, retos futuros.
Actualmente a informática móvese en campos moi diferenciados pero que, con todo, teñen unha serie de puntos en común. Puntos que vistos desde a óptica da industria requiren especial coidado, como é a ciberseguridade, o almacenamento de grandes volumes de datos, a información e o seu movemento, a virtualización, os novos sistemas de visualización e a realidade aumentada, impresión e manufactura aditiva, a simulación, o Internet industrial das cousas, a robótica, a integración das empresas, etc.
Lugar: ESEI – Sala de Xuntas 1 (Campus Remoto – UVigo)
URL: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/106328653
Contrasinal acceso estudantado: qPa2x4pA