Evento ESEI Grado 2 sobre IA e ciberseguridade

Desde ESEI Grao2 comprácenos convidarvos ao evento sobre intelixencia artificial que celebraremos, unha xornada dedicada a explorar as últimas tendencias en intelixencia artificial e ciberseguridade.

Falaremos de como afectan ao futuro laboral e das novas oportunidades que traen consigo.

🗓️ Data: 11 de xuño de 2025
📍 Lugar: ESEI, Edificio Politécnico, Ourense.

Programa do evento:

  • 18:00: Benvida.
  • 18:30: «Intelixencia Artificial no Mundo do Estudantado», coa participación de UVigo SpaceLab, UVigo Aerotech, Auria Technologies e UVigo Motorsport.
  • 19:15: «Ciberseguridade 4.0: Protexendo a Industria do Mañá», a cargo de Antonio Cebreiro de InprOTech.
  • 20:00: «Intelixencia Artificial no Mundo Actual», presentada por Rodrigo Randulfe López de BINARIAL.
  • 20:45: Sesión de networking.

Non perdas esta oportunidade única para aprender de persoas expertas, descubrir as últimas innovacións e conectar con outros/as profesionais do sector!

🔗 Escanea o código QR do cartel ou entra nesta ligazón para rexistrarte.

Agardámoste!