Coffee Repair na escola

Enxeñaría sen Fronteiras organiza este Coffee Repair o vindeiro martes 6 de maio. A idea é que durante o tempo que dure estarán recibindo persoas que traian aparatos electrónicos avariados (portátiles e PCs
principalmente) ou que vaian lentos, a ver se entre todas os amañamos, vemos se teñen solución ou se lles pode probar un S.O de Linux. Deste xeito aproveitarase tamén para facer divulgación sobre o funcionamento dos aparellos e concienciación sobre o consumo responsable dos mesmos e o dereito a reparar.

Tamén se fará unha exposición sobre as compoñentes de aparellos electrónicos (neste caso especificamente o móbil). Animámosvos a pasarvos polo péndulo do edificio politécnico de 11:30 a 19:00.