Charla sobre os mestrados da ESEI

O xoves 12 de xuño ás 17:30 celebrarase, no Salón de Actos do Edificio Politécnico, unha charla para dar a coñecer os dous mestrados impartidos na ESEI: Intelixencia Artificial e Enxeñaría Informática. As charlas están dirixidas a todas as persoas interesadas neles, especialmente o alumnado de 4º curso.

A charla será impartida polas coordinadoras de ambas as titulacións:

  • Máster Universitario en Enxeñaría Informática (MEI) – Alma Mª Gómez Rodríguez
  • Máster Universitario en Intelixencia Artificial (MIA) – Anália Mª García Lourenço