Charla presentación dos Bancos de Reciclaxe Electrónica

Coñeces Enxeñerías Sen Fronteiras Galicia (ESF)?

ESF é unha ONG que leva a cabo diversas actividades tanto no territorio galego coma noutros países (actualmente, Honduras). Estas tratan sobre temas coma a soberanía dixital, tecnoloxía inclusiva, transición enerxética ou soberanía alimentaria, entre outros. Todo o que sexa poñer a tecnoloxía ao servizo dos dereitos humanos e acercala á cidadanía nos gusta. Falaremos especialmente da iniciativa que temos de Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre.

Se che interesa saber máis sobre a nosa labor e en como podes votar unha man sendo estudante, podes pasarte o xoves 16 de decembro ás 15:00 pola charla que daremos na aula 2.2 da Escola de Enxeñería Informática. Esperámoste!