O Programa de Bolsas Internacionais que pon en marcha a Deputación de Ourense en colaboración coa Universidade de Vigo – Campus de Ourense traslada ao noso ámbito local as competencias da Unión Europea no fomento da mobilidade a través do Programa Leonardo da Vinci que promove un Espazo Europeo en materia de Educación e Formación Profesional.

Os obxectivos do Programa son os seguintes:

  • Mellorar as aptitudes e competencias individuais a todos os niveis.
  • Mellorar a calidade e o acceso á información continua, así como facilitar a adquisición, ao longo da vida, de aptitudes e competencias.
  • Mellora da empregabilidade para a inserción laboral.

O Programa ofrece estadías e prácticas profesionais en empresas ou organismos de países pertencentes á Unión Europea.

Este proxecto persigue mellorar a cualificación dos titulados universitarios e facilitar a súa posterior inserción no mercado laboral, garantindo ademáis o aprendizaxe avanzado dunha lingua estranxeira como idioma de traballo.

A bolsa inclúe:

  • Billete de avión de ida e volta.
  • Prácticas laborais especializadas nunha empresa seleccionada en atención ao perfil profesional do/da beneficiario/a (a designación da empresa e país se poderá realizar unha vez o beneficiario resulte seleccionado e manteña coa empresa unha entrevista persoal-profesional).
  • Titorización de prácticas laborais no país de destino.
  • Dotación mensual en función do país de destino ou abono dos costes de aloxamento e axuda de manutención.
  • Curso de inmersión lingüística no país de destino.
  • Seguro de enfermedade e accidentes.
  • Bono de transporte.

Máis información na web da Deputación de Ourense.

Información na ORI