Análise matemática

Código: O06G150202
Acrónimo: AM
Nome: Análise matemática
Centrado: E. S. de Enxeñaría Informática
Titulación: Grao en Enxeñaría Informática
Curso: 1º Curso
Período: Primeiro Cuadrimestre
Tipo: Formación Básica
Créditos: 6
Resultados de aprendizaxe:

Adquirir conceptos, procedementos e estratexias de Análise Matemática que teñan aplicación na informática.

Aplicar a Análise Matemática a problemas da informática e a problemas que poidan ser tratados por vía computacional.

Entender o razoamento matemático para ler, comprender e construir argumentos matemáticos.

Saber usar de forma apropiada teorías, procedementos e ferramentas matemáticos no desenvolvemento profesional.

Saber prolongar as teorías de base ata as aplicacións que lle interesen.

Saber empregar e interpretar ferramentas de software matemático.

Desenvolver capacidades para determinar os requisitos que condicionan a posibilidade de encontrar solucións a problemas concretos.

Identificar e analizar criterios e especificacións axeitados a problemas concretos.

Saber buscar solucións algorítmicas aos problemas que se teñan formulado e valorar a idoneidade das respostas.

Ter iniciativa para propoñer alternativas a solucións xa atopadas.

Obter habilidades de aprendizaxe precisas para estudos posteriores.

Argumentar e xustificar lóxicamente opinións e decisións.

Ser capaz de comunicar con efectividade ideas e proxectos.

Departamento:
Profesor responsable:
Guía docente: Enlace a DocNet