A sala de estudo está situada na planta baixa do Edificio Politécnico, detrás das escaleiras que están enfrente da Conserxería.

Conta con mesas e enchufes onde os estudantes poden realizar traballos en grupo ou estudar de xeito individual.

Poden acceder a ela os alumnos matriculados en calquera titulación da UVigo.

O horario da sala de estudo do Edificio Politécnico é:

  • 8:15 a 15:15 Estudo individual (silencio)
  • 15:15 a 21:15 Estudo individual e traballo en grupo (pódese falar en voz baixa)