GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Biblioteca Universitaria

Presente fisicamente nos tres campus, a Biblioteca Universitaria conta en cada un deles cunha biblioteca central e varias salas repartidas polas escolas e facultades que compoñen a universidade. Os seus servizos inclúen a consulta en sala, o préstamo a domicilio, información bibliográfica, recursos electrónicos e intercambio interbibliotecario, ademais de actividades formativas para os seus usuarios/as.

Para facilitar o acceso de docentes, estudantes e persoal da Universidade a todos os recursos, os horarios das bibliotecas coinciden cos das facultades e escolas, excepto no período de exames, en que varias bibliotecas permanecen abertas ata a madrugada e durante os fins de semana.

En xaneiro de 2007 a Biblioteca Universitaria recibiu a certificación de calidade ISO9000, que a sitúa á vangarda entre as universidades españolas.

A Biblioteca do Campus de Ourense

O Campus de Ourense conta cunha biblioteca que se atopa no campus sur, xunto á piscina universitaria.

 

- Acceso ao catálogo da biblioteca

- Blog da Biblioteca

- Web da Biblioteca

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es