GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Plan de Autoprotección

A ESEI está ubicada no Edificio Politécnico do Campus de Ourense que dispón dun Plan de Autoprotección. O Plan de Autoprotección é o documento que establece o marco orgánico e funcional dispoñible no Edificio Politécnico, co obxecto de previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens así como para dar resposta axeitada ás situacións de emerxencia na mesma e garantir a integración co sistema público de Protección Civil.

O Plan de Autoprotección aborda a identificación e avaliación de riscos así como as medidas de protección e outras actuacións a adoptar en caso de emerxencia.

Neste tríptico amósase un pequeno resumo do que facer en caso de emerxencia:

 

No Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo pódese encontrar máis información. O Servizo de Prevención de Riscos Laborais creouse co fin de velar pola seguridade e saúde de todas as persoas que traballan nas instalacións da Universidade de Vigo. Entre as accións que leva a cabo poden mencionarse a planificación de diferentes actividades de prevención, labores de formación e información en materia de seguridade e saúde, a realización de inspeccións de seguridade ou a colaboración nos programas de axuda a fumadores no ámbito laboral.

 

 

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es