Como estudante da Universidade de Vigo podes cursar parte dos teus estudos noutras universidades nacionais ou estranxeiras a través de programas como SICUE, Erasmus ou ISEP, asà como beneficiarte das bolsas propias desta Universidade.
Tamén tes á túa disposición un tándem de conversación coa finalidade de fomentar a aprendizaxe de idiomas e as relacións interpersoais entre os participantes.
Os estudantes da ESEI poden ir, no marco destes programas, ademais da outras universidades españolas, a escolas e facultades de paÃses como Francia, Italia, Alemaña, TurquÃa, Islandia, Portugal, Finlandia, Polonia...
Consulta neste apartado o programa de intercambio ou de prácticas profesionais no estranxeiro que máis che interese... e non o dubides:
un programa de mobilidade é a mellor experiencia persoal e formativa que pode ter un estudante universitario.
A Oficina de Relacións Internacionais da Universidade é a encargada de coordinar, centralizar e xestionar as actividades internacionais que se desenvolven na institución, relacionadas con programas de intercambio de formación de estudiantes.
A responsable de programas de mobilidade na ESEI é a Profesora Alma Gómez RodrÃguez, ca que podes contactar no seu despacho, no (34) 988 387 008, ou a través do email alma (at) uvigo.es.
Ademáis dos que aquà aparecen, na web da ORI podes consultar información sobre outros programas de mobilidade.
+ Sobre ESEI
+ Estudios
+ Alumnos