GL
 
ESEI
Universidade de Vigo

 

Prácticas en Empresa

 

Como estudante das titulacións da ESEI podes realizar prácticas en empresas como complemento dos teus estudos. Segundo a titulación que esteas cursando, a realización de prácticas terá características e consecuencias diferentes:

- Grao en Enxeñaría Informática: pódense realizar prácticas de 6 ECTS (150 horas) ou 12 ECTS (300 horas), que se contabilizan como créditos optativos a detraer dos créditos de optatividade que debes cursar. Son prácticas curriculares, aínda que tamén se poden facer extracurriculares e figurarán no expediente académico do/da estudante.

- Máster en Enxeñaría Informática: a realización das prácticas será obrigatoria e lévase a cabo no terceiro semestre do máster. Son prácticas curriculares, aínda que tamén se poden facer extracurriculares e figurarán no expediente académico do/da estudante.

A Fundación Universidade de Vigo (FUVI) é a entidade responsable de asinar os convenios de prácticas coas empresas, así como de divulgar e xestionar as prácticas preprofesionais.

Existen dous tipos de prácticas:

1) Prácticas curriculares: xestionadas pola Escola. Son prácticas que están incluídas no plano de estudos do alumnado (ben optativas como no Grao en Enxeñaría Informática, ou ben abrigatorias, como no Máster en Enxeñaría Informática). Realízanse obrigatoriamente durante o curso académico, pois teñen o carácter administrativo de calquera outra materia.

2) Prácticas extracurriculares: xestionadas pola FUVI. Son máiis flexibles para a empresa e o/a estudante, pois  entre outras cuestións pódense convocar e cursar en calquera momento, a empresa pode seleccionar ó/á alumno/a entre as persoas solicitantes, e poden realizarse fóra do curso académico. Segundo a normativa da Universidade, estas prácticas deben ser remuneradas se superan as 240 horas, e non poden durar máis de 6 meses.

Independentemente do tipo de prácticas que se oferten, é necesario dispoñer dun convenio de colaboración en vigor, de cuxa tramitación encárgase a FUVI.

Podes atopar aGuía docente das Prácticas en Empresa do Grao en Enxeñaría Informática aquí.

Podes atopar a Guía docente das Prácticas Profesionais do Máster en Enxeñaría Informática aquí.

 

 

 

 

Escuela Superior de Ingeniería Informática
Campus de Ourense - Edificio Politécnico - 32004 OURENSE
Tel: +34 988 387 000
info@esei.uvigo.es